Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Eva García invita a Yolanda Díaz a visitar O Porriño

Eva García e a vicepresidenta coincidiran nunha cerimonia no Círculo de Belas Artes de Madrid, o pasado 10 de xuño

Ambas en un acto en junio de este año / Concello de O Porriño

Ambas en un acto en junio de este año

Vigo

A alcaldesa Eva García convidou a Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do goberno e ministra de Traballo a visitar Porriño. A invitación foi enviada este martes por carta, xunto con dous libros sobre Porriño e o arquitecto Antonio Palacios nos que Yolanda Díaz amosara especial interese.

Eva García e a vicepresidenta coincidiran nunha cerimonia no Círculo de Belas Artes de Madrid, o pasado 10 de xuño, con motivo da presentación dun deses libros, "Trazar a mirada. Caderno de viaxe Antonio Palacios", obra de Alvaro Bonet.

Na carta que Eva García enviou hoxe a Yolanda Díaz, lémbralle á vicepresidenta que lle pedira que lle fixera achegar en lingua galega tanto ese libro de Alvaro Bonet como o de Xosé Ramón Iglesias e Xosé Ramón Paz, "Antonio Palacios. Unha viaxe por Galicia" que recolle material inédito dos debuxos que o propio Palacios realizou no seu camiñar por Galicia e o goberno de Eva García rescatou.

A carta da alcaldesa remata reiterando a a invitación para que a vicepresidenta Yolanda Díaz visite esta vila"cando a túa axenda o permita e da miña man, poder coñecer o gran valor arquitectónico e artístico da obra de Palacios".

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir