Sociedad | Actualidad
Mondariz

O documental sobre a tradición cesteira de Mondariz chega este venres a Redondela

A historia do último mestre cesteiro de Mondariz, Enrique Táboas, serve de fío para tecer narrativamente a memoria colectiva do oficio

Momento de la grabación documental Cesteiros Mondariz / Concello de Mondariz

Momento de la grabación documental Cesteiros Mondariz

Vigo

O documental, enmarcado nun proxecto de recuperación do oficio tradicional de cesteiro en Mondariz, está producido pola compañía EscénaTe e conta con recoñecidos cineastas galegos no seu equipo artístico, como o director Fon Cortizo e o guionista Alexandre Cancelo.

A historia do último mestre cesteiro de Mondariz, Enrique Táboas, serve de fío para tecer narrativamente a memoria colectiva do oficio e os aspectos culturais que o rodeaban, como o verbo dos cesteiros da localidade e a íntima relación coa natureza.

Despois da súa estrea oficial no Concello de Mondariz o pasado 30 de xullo, en véspera da Feira dos Oficios Artesáns desta localidade, o documental iniciou o 20 de agosto unha xira por diferentes roteiros xacobeos que continúa este venres, 17 de setembro, no Concello de Redondela, no multiusos ás 20:00 horas.

Hoxe en día, tan só existe un cesteiro en activo que conserva a tradición artesanal de Mondariz. Trátase de Enrique Táboas (1955), fillo e neto de cesteiros de Mondariz, pero asentado en Sanxenxo.


 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00