Economia y negocios | Actualidad
CIG

Mobilizacións contra a 'estafa da luz'

A CIG desenvolverá protestas en todo o país este domingo 19. Na área viguesa serán en Vigo, O Porriño, A Guarda e Cangas

Cartel Movilización / CIG

Cartel Movilización

Vigo

O secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves, entende que é o momento de “dicir basta” e de plantarlles cara “á mafia das empresas eléctricas” e aos seus “gobernos cómplices” esixindo a fin da estafa da luz.

Gonçalves lembra que Galiza salienta pola súa capacidade de producir enerxía, exportando o 30% da electricidade que xera, “mais padecemos as consecuencias dun expolio colonial dos nosos recursos e soportamos unhas das tarifas máis caras, con millares de fogares padecendo pobreza enerxética”.

Incide en que a electricidade non pode ser un luxo para a poboación e unha fonte inagotábel de lucro para as grandes corporacións trasnacionais, “porque se trata dun ben esencial, básico, que ten que ser garantido dende o público”.

En consecuencia, reclama que se poña fin á propaganda e ás “promesas ocas” e se tomen decisións reais que poñan fin a esta situación inxusta. Neste senso, enumerou as principais propostas que a CIG vén formulando con este obxectivo, como son a creación dunha Tarifa Eléctrica Galega e dunha empresa pública de enerxía, así como unha reforma a fondo do sistema tarifario para que deixe de engordar o oligopolio eléctrico.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00