A Deputación potencia Ourense como territorio ideal para o deporte
Arnoia Termal Bike, preto de 300 ciclistas chegados de 18 provincias participarán nesta proba

Ourense territorio ideal para o deporte / Deputación Provincial de Ourense

Ourense
Preto de 300 ciclistas chegados de 18 provincias participarán o próximo domingo, día 19, na ´´ Arnoia Termal Bike´´,unha proba ciclista aberta a todos os públicos ´´ que permitirá visibilizar a provincia como territorio ideal para a práctica deportiva, nun espazo que ademais mostrará un dos nosos elementos máis diferenciadores, como é o termalismo´´, dixo o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante o acto de presentación desta proba.
A ´´ Arnoia Termal Bike, organizada en Arnoia percorrendo tamén os concellos de Cortegada e Cartelle. A proba conta con dous circuítos: un gran fondo de 70 quilómetros para disputar en parellas, no que están inscritos ao redor de 150 deportistas, e un fondo individual de 5o quilómetros coa participación de máis de 140 ciclistas, con clasificacións para ambas distancias e diferencias categorías. Aberta a todos os públicos, tanto federados como non federados.