Falece o submarinista rescatado en Punta Nariga cun arpón cravado na cabeza
O home foi rescatado convida ao carón das rochas e estaba moi batido polo mar

Dispositivo na zona na que se atopou o cadaver / Cedida

A Coruña
Os servizos de rescate sacaron do mar esta mañá un submarinista a carón do faro de Punta Nariga, en Malpica, cun arpón cravado na cabeza. O home tamén presentaba impactos producidos polos golpes de mar. Foi rescatado con vida sobre as once da mañá, pero faleceu antes de que chegase o helicóptero que o ía trasladar ao Hospital Universitario A Coruña.
O 112 recibiu unha chamada alertando da presenza dun corpo nas rochas no entorno do faro. O estado esvaradío das pedras ralentizou o traballo dos servizos de rescate. Cerca do home foi atopado un fusil de pesca submariña. Na zona tamén estaba un vehículo de cor granate co que o ferudi se trasladara ata a zona do accidente.