Sociedad | Actualidad
Mos

Noelia Sías regresa ao concurso nacional do Mellor Artesán Florista con opcións de lograr o pimeiro posto

O Concello de Mos trasládalle todo o apoio, a forza e o ánimo para que así sexa

Imagen de archivo de Noelia con la alcaldesa en una recepción / Concello de Mos

Imagen de archivo de Noelia con la alcaldesa en una recepción

Vigo

A florista mosense Noelia Sías volve presentarse ao concurso do ‘MAF’ (Mellor Artesán Florista) que se celebrará en Burgos do 29 de setembro ao 2 de outubro.

Sías síntese con moitas posibilidades de gañar este ano, tras ter quedado subcampioa en 2019 (no ano 2020 non se celebrou por mor da pandemia da COVID-19).

Así que, tras o parón do ano pasado, este ano a mosense Noelia Sías volve participar no ‘MAF’ e desde o Concello de Mos, en nome de todo o municipio, a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, trasládalle todo o apoio da administración e da veciñanza para afrontar coa maior das forzas e o ánimo esta importante competición de índole nacional.

Deste xeito, tras facerse co título de segunda mellor florista de España, Noelia Sías loitará en cuestión de días polo primeiro posto.

Noelia Sías é veciña da parroquia de Mos e traballa en Floristería Lola. A florista mosense destaca da súa empresa “as facilidades e colaboración que sempre me dan para que poida formarme, facer cursos novos, participar en competicións como esta… é algo moi de agradecer e que non é frecuente en todas as empresas”. Floristería Lola leva máis de 37 anos en activo en Mos e, tal e como declaraba a rexedora local mosense, “é un referente en toda a provincia de Pontevedra, do que nos sentimos enormemente orgullosos”.

Xunto coa mosense Noelia Sías Villaverde, competiron na V Edición do Concurso ‘MAF’ 2019 máis de 20 profesionais do sector de toda España, dos que tan só chegaron á final un total de 5 clasificados.

O concurso durou 4 días e Noelia, que tivo que preparar 10 traballos, foi a única representante galega na final.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00