"Naufraxios no Camiño do fin da Terra" pon en valor a historia dos afundimentos na Costa da Morte
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/ADMF65BTDJOO5IUHNUQ4ETIWAI.jpg?auth=undefined&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Presentación de Naufraxios no Camiño do Fin da Terra / Concello Muxía
![Presentación de Naufraxios no Camiño do Fin da Terra](https://cadenaser.com/resizer/v2/ADMF65BTDJOO5IUHNUQ4ETIWAI.jpg?auth=undefined)
Costa da Morte
Presentado en Muxía “Naufraxios no Camiño do fin da Terra” un programa de actividades que dan protagonismo aos afundimentos de barcos na Costa da Morte ao longo da historia.
O Programa consta de dúas partes. Por unha banda unha representación teatral que poderá verse en 4 escenarios, a praia do Ézaro o 18 de Setembro, a praia de Quenxe en Corcubión o 19, a praia de Gures en Cee o 25 e a praia Langosteira en Fisterra o 26.
Toman como base as historias dalgúns dos naufraxios máis significativos da Costa da Morte. Representacións similares ás feitas noutras ocasións no cemiterio dos Ingleses en Camariñas a cargo da compañía A Antena.
Tódalas funcións serán a partir das nove da noite.
A outra parte do Programa consiste nunha seria e visitas guiadas con saída e chegada no Santuario da Virxe da Barca, Será un percorrído lineal na que os participantes poderán gozar dos principais puntos da ría de Camariñas cun guía especializado e con paradas no Faro Vilán, no Cemiterio dos Ingleses, en Arou e Camelle. A visita será os días 1, 2 e 3 e outubro con saída ás 9 da mañá e chegada ás 13horas.
Estas actividades están dentro do programa Xacobeo 21-22 e as entradas poden adquirirse na web naufraxios.com