Deportes
VELA

O Parque Náutico de Castrelo de Miño acolle a XXIII Concentración de Escolas de Vela

Na regata, incuída na Copa Deputación, participarán medio centenar de deportistas de entre 7 e 15 anos chegados de toda Galicia

O Parque Náutico Castrelo de Miño acolle a XXIII Concentración de Escolas de Vela / Club Náutico Castrelo de Miño

O Parque Náutico Castrelo de Miño acolle a XXIII Concentración de Escolas de Vela

Ourense

O Parque Náutico de Castrelo de Miño reunirá desde este xoves, día 2 de setembro, e ata o sábado día 4 a medio centenar de deportistas de entre 7 e 15 anos chegados de toda Galicia na XXIII Concentración de Escolas de Vela, regata inluida na Copa Deputación desta modalidade. A proba foi presentada no Pazo Provincial polos vicepresidentes da Deputación, Rosendo Fernández e César Fernández, este último temén responsable de cooperación para os asuntos do Ribeiro; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; e a presidenta e o director técnico do Club Náutico de Castrelo de Miño, Beatriz Alberte e Gabriel Fernández.

A regata, que ten programadas nove probas, está limitada ás clases ´´ Optimist´´ e ´´ Optimist Escola´´, esta última para deportistas noveis. haberá un total de nove premios que se dividen en trofeos para os tres primeiros clasificados individuais en ambas as dúas categorías e para os tres primeiros clubs clasificados na categoría ´´ Optimist Escola´´.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00