Sociedad | Actualidad
Redondela

Os concelleiros de AER renuncian a súas competencias no Goberno

Abandonan o executivo Roberto Villar, concelleiro de Medio Ambiente; Daniel Boullosa, responsable de Cultura e Turismo e Manuel Vila, concelleiro de Transparencia, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá

Concelleiros AER presentado a renuncia / Binomio Comunicación

Concelleiros AER presentado a renuncia

Vigo

A Agrupación de Electores de Redondela fixo este martes efectivo, cunha renuncia presentada no rexistro do Concello, o abandono do goberno dos seus tres concelleiros que ata o momento xestionaban as concellarías de Transparencia, Novas Tecnoloxías e Partipación Cidadá; Medio Ambiente e Cultura e Turismo. Esta saída xa foi anunciada -tras a aprobación da mesma por unanimidade na asamblea da Agrupación- o 30 de xullo a raíz da decisión da alcaldesa socialista, Digna Rivas, de retirar as competencias da limpeza de praias ao concelleiro de Medio Ambiente de AER, Roberto Villar, o pasado 16 de xullo.

Neste período de transición, que se extendeu durante todo o mes de agosto, os concelleiros de AER teñen estado á disposición dos socialistas para o traspaso de información, documentación e contactos necesarios para que a xestión das súas áreas non se vexa afectada.

A partir de agora, AER pasa a formar parte da oposición de Redondela desde a que seguirá traballando, como ata o de agora, ao servizo da veciñanza e dos intereses do municipio.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00