Cine y TV | Ocio y cultura
Festival Cans

A décimo oitava edicións de Cans comenza coas curtas dos autores máis novos

Tamén se estrea "Mulleres no Estraperlo"

Xurado dos Veciños Cans / Festival Cans

Xurado dos Veciños Cans

Vigo

Coa inauguración da rúa efémera Pilar Pereira comeza ás 10.30 horas de este mércores a primeira xornada da décimo oitava edición do Festival de Cans. Trátase dunha edición diferente, limitada nos aforos, e cun coidado protocolo de seguridade e prevención sanitaria. Tamén é a edición máis internacional do certame: o cineasta brasileiro premiado en Cannes (Francia) Kleber Medonça Filho, ou o historiador británico Ian Gibson están entre os participantes. Tamén se presenta un avance do resultado do novo proxecto ‘Correspondencias’, unha aposta por promover un intercambio epistolar fílmico entre cineastas de Galicia e doutros países. O avance das 'correspondencias' entre o cineasta galego Eloy Domínguez e máis o colombiano Samuel Moreno proxectarase no Festival.

Entre a mañá deste mércores, 1 de setembro, e a noite do vindeiro sábado, día 4, pasarán polas sección competitivas de Cans 33 curtametraxes e 20 videoclips. Ademais, proxectaranse 4 longametraxes e haberá coloquios e encontros con profesionais do sector audiovisual, concertos, exposicións ou actividades infantís.

Primeiro será a inauguración da rúa efémera Pilar Pereira. Participarán a súa filla, a actriz Camila Bossa, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Logo chega o primeiro encontro da nova edición do Festival entre actrices, actores e outros representantes do sector audiovisual. Será ás 12.30 de mañá, coa inauguración dos Coloquios Fundación AISGE no certame. Promovidos pola Fundación homónima, que traballa na defensa dos intérpretes e na visibilización dos seus retos coma colectivo, versarán sobre “A lIngua galega e a interpretación, esa estrana parella”. Participan Federico Pérez, Camila Bossa, Isabel Blanco e a lingüista Rosa Moledo.

 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00