Musica | Ocio y cultura
A Guarda

Guadi Galego actúa en concerto na Guarda

Estará acompañada polos alumnos do Coro do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda

Guadi Galego / Concello de A Guarda

Guadi Galego

Vigo

Despois da primeira toma de contacto coa Guarda no pasado mes de xullo co concerto do Coro do Conservatorio Municipal e a colaboración especial de Guadi Galego, o vindeiro sábado día 28 de agosto a cantante traerá a súa música ata o Porto da Guarda nun concerto enmarcado na xira de presentación do seu último disco, Costuras, na que a cantante atópase inmersa. Neste caso tamén estará acompañada polos alumnos do Coro do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda.

A proximidade e xenerosidade da cantante, que fora integrante de Berrogüeto, son de sobra coñecidas polos seus seguidores, así como a súa simpatía cara os mais cativos polo que cando se lle fixo a proposta de establecer unha colaboración cos futuros cantantes desta localidade non o dubidou nin un instante.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00