Musica | Ocio y cultura
Mos

Este xoves saen á venda as entradas para o concerto de Xoel López en Mos

O prezo dos tickets para o espectáculo que terá lugar no Campo de Fútbol das Baloutas é de 15 euros

Cartel do concerto / Concello de Mos

Cartel do concerto

Vigo

Desde o Concello de Mos infórmase de que mañá, xoves 19 de agosto, ás 16.00 horas da tarde sairán á venda as entradas para o concerto de Xoel López en Mos con motivo da etapa 20 de La Vuelta 21 Sanxenxo-Mos, que finalizará no Castro de Herville o vindeiro 4 de setembro.

Os tickets poderán adquirirse a través da plataforma de ticketing Weezevent na ligazón https://www.weezevent.com/xoel-lopez-en-mos-31-de-agosto-2021

O prezo dos tickets para o espectáculo, que terá lugar no Campo de Fútbol das Baloutas o vindeiro 31 de agosto, martes, ás 20.30 horas, é de 15 euros por persoa.

O número de entradas dispoñibles ascende a algo máis de 400, tal e como establecen os protocolos e medidas de prevención anti COVID-19 en vigor, polo que se recomenda aos interesados/as que non demoren a adquisición das mesmas.

Ademais de Xoel López, o propio 4 de setembro, día da meta da etapa 20 de La Vuelta 21 en Mos, celebrarase outro concerto de altura no municipio. Será o que ofrecerá o emblemático grupo Milladoiro

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00