Nace en Vigo la Primera Feria Vegana y Sostenible de Galicia
El evento terá lugar en el Instituto Ferial de Vigo —el IFEVI—, los días 23 y 24 de octubre
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/VRQLICMOJBLPBEWLOFZNIFE7MA.jpg?auth=f539010500fbb58088ef27630442324419d238c4793b0b22693654e8d966f19c&quality=70&width=650&height=365&smart=true)
La feria tendrá lugar en octubre / Vegana.gal
![La feria tendrá lugar en octubre](https://cadenaser.com/resizer/v2/VRQLICMOJBLPBEWLOFZNIFE7MA.jpg?auth=f539010500fbb58088ef27630442324419d238c4793b0b22693654e8d966f19c)
Vigo
La Primera Feria Vegana y Sostenible de Galicia tendrá su sede en el Instituto Ferial de Vigo los días 23 y 24 de octubre, y cuenta con el apoyo del Ayuntamiento de Vigo y la Diputación de Pontevedra.
Vegana.gal reunirá ao redor de 100 expositores, puntos de información nutricional, zona infantil, representantes de santuarios, refuxios e Oenegués, persoal experto en educación medioambiental e, sobre todo, moita —e deliciosa— comida vexetal para promover un estilo de vida máis respectuoso co mundo animal e o medio ambiente. O evento será unha feira de mostras inclusiva que quere romper moldes e certos tabúes instaurados en torno ao veganismo dun xeito amable, asertivo e, por que non, tamén divertido.
Así mesmo, Vegana.gal procurará visibilizar ás empresas e marcas do sector tanto locais como estatais —e mesmo internacionais— perante distribuidores e público xeral, tras estes duros e anguriosos meses de pandemia.
Coa intención de amosar ao público todo tipo de alternativas y novedades, Vegana.gal abranguerá os seguintes contidos:
- Casetas expositoras e food trucks.
- Showcookings da man de recoñecidas cociñeiras veganas que amosarán outros modelos gastronómicos.
- Charlas e debates sobre educación ambiental, nutrición, sostibilidade e veganismo.
- Obradoiros sobre sostibilidade nos que aprender a dar o paso cara un estilo de vida máis ecolóxico.
- Mostras e catas de produtos alimenticios como queixos veganos, chourizos de cabaza, hamburguesas hiperrealistas ou repostería, así como alternativas ao plástico, ao papel de alumino e aos envases dun só uso.
-Representantes de Santuarios e Oenegués darán a coñecer o imprescindible labor que realizan polos animais e o coidado do planeta.
- Punto de encontro para profesionais do sector.
- Como evento inclusivo, a feira contará con ludoteca para o público miúdo onde poderán desenvolver todo tipo de actividades coidadosamente adaptadas á súa idade
As entradas terán un custo de 3 euros, e de 5 euros para todas aquelas persoas que desexen asistir os dous días da feira. Aínda que sairán á venda a primeira semana de setembro, na web do evento, vegana.gal, pódese cubrir un formulario que avisará da disposición das entradas para así poder garantir a súa adquisición. A organización lembra que, dada a actual situación pandémica na que nos atopamos e a gran acollida que está a ter a feira, convén mercar a entrada por internet e con certa marxe de tempo para non quedar fóra segundo o límite de capacidade vixente nas datas da feira.