A Xunta habilita puntos fixos en O Barco, Verín e Ourense para cribados e trámites
Nestes puntos poderá obterse o certificado de vacinación, de PCR negativa ou a activación da "chave 365"
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/6SYQYUMCTVOVVEI4ETGAUKZ4PM.jpg?auth=e4204d19d465b763350350b146a8fa716abdc3bd5ad70a9c8bf1be41412f9cdc&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Continúan los cribados como estrategia de actuar frente a la COVID-19 / Rosa Veiga (EUROPA PRESS)
![Continúan los cribados como estrategia de actuar frente a la COVID-19](https://cadenaser.com/resizer/v2/6SYQYUMCTVOVVEI4ETGAUKZ4PM.jpg?auth=e4204d19d465b763350350b146a8fa716abdc3bd5ad70a9c8bf1be41412f9cdc)
Ourense
Desde o sábado 31 de Xullo tres puntos da provincia de Ourense estarán dispoñibles para acceder a realización dun test ou resolver estas necesidades documentais relacionadas coa Covid, en horario de mañá, de 12 a 14.00 horas e de tarde, de 16 a 20.00.
Concretamente estáran situados no Espazo Xove de Ourense (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27) e en dous CribaBus. Un estacionado na Plaza García Barbón de Verín e outro na plaza do Concello do Barco. O Punto Fixo de Ourense tamén abrirá, de luns a sábado para dar resposta a estas necesidades administrativas, de 12 a 14 e de 16 a 20, e ademais todos os martes, xoves e sábados, no mesmo horario, tamén se realizarán test de cribado, tanto por medio de cita previa, por autoinscrición, dos que se facilitará certificado, e a demanda.
Ao igual que na iniciativa piloto, para axilizar os trámites administrativos e de rexistro, abrirase un formulario de inscrición no apartado de cribados, no que se poderá elixir o punto elixido e quenda horario.
Os puntos de Verín e O Barco estarán abertos con este horario tamén todos os sábados do mes de agosto e contarán cun equipo de persoal formado por dúas enfermeiras, unha TCAE e dúas personas de administración.
O pasado sábado, a Xunta habilitou, en modo piloto, puntos móbiles para realización de tests de antíxenos nas sete Áreas Sanitarias e nas principais cidades galegas. Nesta iniciativa realizáronse preto de 3.500 test o que deixou constancia de 68 positivos. En base ao éxito e para seguir incentivando a realización de probas, o servizo esténdese. A Xunta habilitará nos 14 distritos sanitarios puntos para realizar tests de antíxenos e resolver necesidades administrativas relacionadas coa COVID-19.
Entre as cuestións administrativas están a impresión de certificados de proba diagnóstica negativa, de vacinación ou ter superado a enfermidade; activación da “chave 365”, ou tramitación dunha alta rápida no sistema para persoas con residencia fora de Galicia.