Economia y negocios | Actualidad
Astilleros Barreras

A CIG rebélase contra o despido do seu delegado no comité de Barreras

A central sindical o califica de "inxusto, violento e mafioso"

Imaxe da concentración de hoxe / CIG

Vigo

Un nutrido grupo de traballadores e delegados sindicais da CIG participaron este luns na concentración convocada ás portas do estaleiro vigués Barreras para rexeitar o despedimento do representante da central sindical no comité e para esixir a súa inmediata readmisión.

A protesta desenvolveuse de 11:00 a 12:00 horas ás portas do estaleiro, onde se desprego unha faixa rexeitando a represión sindical, ao berro de “Despedido readmisión”, “Barreras, escoita, estamos en loita” e “Abuso patronal, resposta sindical”. Ao remate da mobilización, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, tomou a palabra para denunciar o despido “inxusto, violento e mafioso” do compañeiro, nun intento da dirección de Barreras de “atemorizarnos e amedrentarnos na loita que levamos dende hai meses na defensa do sector naval no seu conxunto e en particular nesta empresa”.

Po iso lanzoulle unha mensaxe aos responsábeis do estaleiro: “Que non pensen que con este despedimento van amedrentar os traballadores/as do estaleiro ou van intimidar a CIG; estamos aquí para dicirlles que non temos medo, por iso imos continuar coas mobilizacións para esixir a readmisión do compañeiro e demandar solucións que garantan o futuro do sector”.

Neste senso, chamou a participar na seguinte protesta, que terá lugar este mesmo xoves día 15 de xullo e que consistirá nunha manifestación que sairá dende a Dobrada ás 19:00 horas para esixir unha solución para o sector e polo futuro industrial da comarca.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00