Sociedad | Actualidad
A Costa da Morte

Presentada a senda peonil de Corcubión

O roteiro chegará ao Faro Cee e suporá un investimento dun millón de euros

Presentación da senda / Radio Nordés Cadena SER

Costa da Morte

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, acudiu hoxe a Corcubión para dar a coñecer a dende peonil que transcurrirá á beira da ría. Un roteiro dende o entorno da praia de Quenxe ata o Faro Cee no que a Deputación investiu máis dun millón de euros.

A senda peonil partirá dende a subida ao lugar da Oliveira ata o Faro Cee. A actuación incluirá o arranxo da estrada e, segundo Gonzalez Formoso, estará executada nun prazo de seis meses. Non se descarta prolongar a senda nun futuro próximo para completar o percorrido por toda a península de Redonda.

O investimento prácticamente supera o orzamento anual dun Concello como o de Corcubión que é o máis pequeno da provincia. Para o alcalde da localidade, Lalo Insua, a actuación vai a a significar "un antes e un despois" para a vila.

Durante a visita, o presidente da Deputación anunciou a celebración dunha Bandeira de Traiñeiras na ría corcubionesa. Será no mes de setembro e levará máis de douscentos remeiros e remeiras á vila de San Marcos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00