Torroso inicia os trámites para poñer en marcha un Centro Social para persoas maiores
Este proxecto que dará cabida a 40 usuarios, está ubicado no barrio de Outeiro, ao carón do Centro Dotacional

Centro Social para Maiores / Concello de Mos

Vigo
A Comunidade de Montes de Torroso traballa xa para que o Centro Social destinado ás persoas maiores sexa unha realidade.
Este proxecto que dará cabida a 40 usuarios, está ubicado no barrio de Outeiro, ao carón do Centro Dotacional, edificio que alberga tamén o Conservatorio de música. A nova obra consiste na construción dun edificio diáfano, cerrado hacia a estrada, aberto e acristalado hacia o parque forestal Poulo-Regueiro e hacia a parcela da Comunidade de Montes, parcela que se urbanizará seguindo o criterio do parque. Continuando cas sendas de xabre, arbolado e axardinamento. O Centro social desenvolverase nunha planta, así o edificio integrarase naturalmente no parque, podendo utilizar os maiores estes espazos abertos como complementarios ó uso do centro de día.
O pleno de Mos aprobou as bonificacións do ICIO para duas grandes obras por un total de 103.757 €. A aprobación foi posible cos votos favorables do goberno do Partido Popular e dos Concelleiros non adscritos Verónica Costas e Román García; o Grupo Socialista, Gañamos e BNG mostraron as súas abstencións en ambos puntos da orde do día.
O pleno ordinario municipal aprobou onte a bonificación do 95 por cento (20.098 €) a favor desta construcción da Comunidade de Montes de Torroso, por tratarse de unha obra declarada de especial interese municipal por concorrer circunstancias sociais.
Por outro lado, tamén se aprobou no pleno ordinario celebrado onte no pazo de Mos, a bonificación do 95 por cento (83.659 €) a favor de COGAMI RECICLADO DE GALICIA, S. L. (COREGAL) para a implantación dunha nova planta de xestión de residuos non perigosos (almacenamento, tratamento e valorización) no Parque Empresarial de Mos “A Veigadaña”, con obxecto social de dar e manter emprego a persoas con discapacidade.
Ao igual que a obra de Torroso, esta é tamén unha obra de interese Social e de fomento do emprego, xa que ademáis serán beneficiarios, nun primeiro termo, os empregados con discapacidade que traballan no actual centro; e nun futuro, as persoas con discapacidade que accedan a un traballo neste novo centro.