Sociedad | Actualidad
Mazaricos

O atestado da morte do neno falecido en Mazaricos xa está no xulgado

A policía xudicial de Noia redactou o primeiro informe sobre o morte do menor carballés

Embalse de A fervenza / Concello de Mazaricos

Embalse de A fervenza

A Coruña

A Policía Xudicial da Garda Civil de Noia (A Coruña) remitiu ao Xulgado de Instrución número 1 de Muros o atestado sobre a morte afogado dun menor, alumno de primaria do CEIP Fogar de Carballo, durante unha excursión escolar.

Así o confirmaron este luns fontes próximas á investigación, logo das actuacións da semana pasada da Policía Xudicial coa toma de declaracións de testemuñas, tanto escolares, profesores e traballadores do entorno do encoro da Fervenza, en Mazaricos, para esclarecer a morte do menor.

Así, tras tomar declaración o pasado mércores a menores que participaran na excursión, o xoves e venres seguiron os axentes tomando declaración aos traballadores da empresa multiaventura coa que tiñan as actividades os escolares. Finalizadas as dilixencias de investigación e finalizado o atestado cos dictame da Garda civil, foi remitido ao Xulgado de Instrución número 1 de Muros, que é o que leva a causa.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00