Comunicado oficial do Club Deportivo Arenteiro
Situación actual da plantilla do club

Comunicado Oficial do Club Deportivo Arenteiro / C.D. Arenteiro

Ourense
Co anuncio da última renovación, fíxose eco dos xogadores que xa tiñan contrato por iste ano co equipo e por onde iban a continuar esta viaxe con nós, vóstedes moitos os que preguntádes se os datos eran certos, e por ese motivo vimos a contar a situación actual da plantilla do Club Deportivo Arenteiro.
Adrián Pol, Javi Pazos, Germán Pérez, Adrián Presas, Ángel Expósito, e Martín Torres non seguirán no equipo senior, Dijmou Cissé tampouco continuará tras finalizar o contrato de cesión co noso club, retomando á disciplina do R.C. Celta de Vigo.
Dende o club só podemos darlle o noso máis sincero agradecemento, xa que cada un aportou o seu anaco á historia do club. Sen eles, non estaríamos onde estamos agora. Como grandes profesionais que son, desexámoslles o mellor, sabemos que lles vai a ir xenial nos seus futuros proxectos.
As canles oficiais do club serán sempre a última e verdadeira palabra sobre as novas do Club Deportivo Arenteiro, dende fai tempo tentamos de podervos informar do máximo posible e da maneira más rápida. Mellorando día a día con elo.
Aínda vai haber máis sorpresas estes días, as únicas renovacións aseguradas, son as que foron anunciadas e se vaian anunciando nos vindeiros días.
Atentamente, Club Deportivo Arenteiro.