Ocio y cultura
Marco Vigo

O Marco acolle a proxección do documental "Las Sinsombrero"

Documental sobre as artistas e intelectuais da Xeración do 27

Cartel del documental / Marco

Cartel del documental

Vigo

No contexto da programación do Club de Lectura #BiblioMARCO, e como actividade complementaria da lectura do mes de xuño —Elvira Lindo. 30 maneras de quitarse el sombrero— organízase esta actividade que inclúe a proxección do documentalLas Sinsombrero” (grazas á colaboración de RTVE), que servirá como peche da tempada do Club de Lectura antes da paréntese de verán.

A presenza, tanto no documental coma na novela, dalgunhas das protagonistas da Xeración do 27, brinda un excelente punto de partida para o debate sobre o papel destas mulleres, silenciado na maioría dos relatos oficiais, e ofrece interesante información adicional para o desenvolvemento da sesión.

Documental sobre as artistas e intelectuais da Xeración do 27. Mulleres de grande talento como Maruja Mallo, Marga Gil Roësset, María Teresa León, Josefina de la Torre, Rosa Chacel, Ernestina de Champourcín, María Zambrano e Concha Méndez, que conviviron, se formaron e desenvolveron a súa obra xunto a os recoñecidos membros masculinos da súa xeración, e que tras a Guerra Civil foron condenadas ao esquecemento.

En España, o ano 1927 está asociado á xeración de artistas e intelectuais máis fecunda do século XX. A denominada Xeración do 27 converteuse nunha das marcas artísticas máis recoñecidas que identifica un momento crucial (1923-1936) na historia cultural e social do país. O feito de formar parte desta Xeración permitiu que os seus integrantes oficiais, entre os que se atopan Federico García Lorca, Luis Buñuel, Salvador Dalí, Rafael Alberti ou Luis Cernuda, gozaran de popularidade e foran obxecto de atención nacional e internacional.

 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00