Economia y negocios | Actualidad
CIG

A CIG critica o peche temporal da cociña do Álvaro Cunqueiro

O chan, según a CIG, precisa unha reparación importante tras só cinco anos de funcionamento

Hospital Álvaro Cunqueiro / Nicolás Domíngez

Hospital Álvaro Cunqueiro

Vigo

A Unión Comarcal da CIG de Vigo lamenta que o peche temporal da cociña do hospital Álvaro Cunqueiro veña a confirmar as denuncias feitas no seu día a respecto dos recortes na calidade da construción do centro. O chan da cociña precisa, según o sindicato, dunha reparación importante tras só cinco anos de funcionamento, o que obrigará a traer a comida dende Zaragoza.

Dende a central sindical critican que o Sergas non informase sobre a decisión da empresa concesionaria de pechar a cociña e trasladar a comida en camións dende a capital aragonesa.

Diante disto, esixen unha explicación pública do peche, cando menos por dous meses, da cociña e denuncian a “irresponsabilidade” da Xunta por deixar en mans de “fondos de investimento voitre” o coidado da saúde da poboación galega.

Lembran que o hospital é propiedade dunha sociedade concesionaria que se encargou de elaborar o proxecto, construír o hospital e xestionar os servizos chamados non sanitarios, sendo a súa propietaria durante, cando menos, 25 anos. “É a sociedade concesionaria a que toma a decisión de pechar a cociña mentres o Sergas cala e non asume a súa responsabilidade sobre o que esta medida pode ocasionar na calidade do servizo que se presta ás persoas hospitalizadas”.

Neste senso, sinalan que o modelo de “colaboración público-privado” utilizado polo Partido Popular para financiar, construír e xestionar este hospital xa tiña demostrado a súa capacidade de xerar problemas, tanto de eficiencia económica como de capacidade de xestión. “A proba é o abandono do propio PP do proxecto de creación dun hospital co mesmo modelo en Monte Carrasco, Pontevedra”.

De feito, o cambio de proxecto en Vigo, de hospital 100% público a hospital propiedade dunha sociedade privada, tivo como consecuencia, entre outras, a diminución do tamaño do proxecto e a perda de calidade da construción para facilitar os beneficios dos accionistas da empresa concesionaria.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00