Política | Actualidad
A Coruña

A Coruña ten ordenanza do galego tras máis de 40 anos de atraso

A Coruña era ata hoxe a única cidade galega que non contaba con esta norma específica O PP votou en contra porque sinala que o texto conta con informes negativos da asesoría xurídica e do secretario municipal

Pleno de A Coruña / Concello da Coruña

Pleno de A Coruña

A Coruña

Finalmente e con case 40 anos de atraso, o Concello da Coruña ten unha ordenanza específica para o uso do galego. Foi aprobada cos votos a favor de PSOE, BNG e a concelleira non adscrita de Podemos, e cos votos en contra do Partido Popular. A Coruña era ata hoxe a única cidade galega que non contaba con esta norma específica.

Con isto o Concello da Coruña dá cumprimento á lei de uso do galego como lingua oficial das entidades locais que entrou en vigor no ano 1988.

A oposición

O PP votou en contra porque sinala que o texto conta con informes negativos da asesoría xurídica e do secretario municipal, baseándose en sentenzas xudiciais, que, con todo, non son vinculantes. Rosa Gallego, portavoz do Partido Popular, tamén criticou o informe que avala o documento, redactado por tres profesores da Universidade da Coruña (UDC).

A ordenanza inclúe a creación dun Consello Local da Lingua, a proposta da Marea Atlántica, órgano que estará presidido pola alcaldesa e do que formarán parte representantes do goberno local, dos grupos políticos, dos traballadores e dos propios servizos de Normalización Lingüística. Marea pediu ademais que a Lei de normalización lingüística non naza e morra con cada mandato.

A ordenanza é un dos compromisos de Inés Rey co BNG no acordo de investidura. Os nacionalistas piden que se pase do texto aos feitos e critican a postura do PP.

A concelleira non adscrita de Podemos, Isabel Faraldo, aplaude que se poña fin a esta débeda histórica.

A ordenanza do galego en María Pita fomentará e regulará o seu uso entre os traballadores municipais. Pretende ademais fomentar a súa utilización en todos os ámbitos da administración local.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00