Sociedad | Actualidad

O serán do domingo deixa accidentes en Carballo e Traba de Laxe

Un coristanqués caeu á rúa en Carballo mentres que un vehículo sufriu un sinistro en Laxe

Un dos accidentes / Cedida

Un dos accidentes

Conmoción en Carballo co sucedido esta tarde na céntrica rúa Gran Vía. Un home de Coristanco, duns 40 anos, caía dende un terceiro andar quedando ferido de gravidade. Os feitos tiveron lugar diante do posto da Garda Civil en Carballo e de seguida os servizos de urxencia mobilizaron un operativo de evacuación. Un helicóptero medicalizado trasladou ao ferido ao CHUAC.

Mentres, en Traba de Laxe un coche sufríu unha saída de vía. O condutor perdeu o control do vehículo, colisionando cunha gabia de formigón. Os accidentados, veciños de Camariñas, foron auxiliados polo 112 e trasladados ao Hospital Virxe da Xunqueira.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00