Sociedad | Actualidad
Nigrán

O Concello de Nigrán rexenera o espazo urbano da Ramallosa

O goberno local destinará 1 millón de euros do Remanente a actualizar por completo esa rúa e a contorna da rotonda da Ramallosa

Recreación de una de las calles afectadas / Concello Nigrán

Recreación de una de las calles afectadas

Vigo

O goberno local de Nigrán consignará no vindeiro pleno ordinario do 31 de maio 1.054.000 € do Remanente de Tesourería para a total transformación urbana do núcleo urbano da Ramallosa mediante un ambicioso proxecto de rexeneración da rúa Manuel Lemos e a contorna inmediata da rotonda (Avda.Portugal e Torrente Ballester). O proxecto, firmado polo arquitecto Ángel Santorio, devolverá o protagonismo ás persoas fronte ao tráfico rodado ampliando beirarrúas, creando zonas de descanso ou facendo da vexetación en altura a protagonista mediante unhas novidosas pérgolas para trepadoras.

“Actualmente é unha rúa deteriorada, impersoal e moi devaluada despois de sucesivas actuacións inconexas entre si, polo que consideramos un proxecto global que de verdade convirta a zona nun espazo inclusivo e agradable para as persoas”, explica o alcalde, Juan González, quen subliña o Camiño pola Costa tamén gañará protagonismo. Paralelamente, o novo deseño dará solución definitiva aos problemas na rede de saneamento e abastecemento e creará unha separativa de pluviais, ademais, suporá a eliminación do tendido aéreo que afea a imaxe da zona e suporá a substitución da actual iluminación de vapor de sodio por tecnoloxía LED de baixo consumo.

O novo mobiliario urbano, de deseño contemporáneo, terá nas 21 pérgolas para prantas trepadoras e con iluminación LED o máximo protagonismo, ubicándose tamén conxuntos de árbores e plantas no chan, de xeito que, en conxunto e na súa perspectiva, sirva de tamizado visual e amortigüe o clima.

A rexeneración do espazo incluirá á propia rotonda da Ramallosa mediante unha actualización do ornamento que substiúa á actual farola isabelina totalmente fora de contexto. Na súa veciña Torrente Ballester ampliarase a beirarrúa da zona contraria ao parque para, entre outras cousas, integrar a parada de autobús, actualmente insegura para os usuarios e peóns pola súa exposición á calzada. Igualmente, o proxecto inclúe iluminación ornamental para todos os bens patrimoiais da zona, como pode ser o cruceiro e a capela de San Campio.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00