Sociedad | Actualidad
Fitur

A Deputación sorprende en Fitur coa campaña "É o teu momento"

Carmela Silva eloxia o gran traballo do sector para coidar o destino e chama a visitar Pontevedra Provincia

undefined

Vigo

A chamada da Deputación de Pontevedra a viaxar ás Rías Baixas – Pontevedra Provincia emocionou esta mañá en FITUR 2021 ás e os asistentes ao lanzamento da campaña ”É o teu momento”. A institución provincial sorprendeu cunha atractiva presentación na que estreou o vídeo oficial da campaña, protagonizado pola artista¡ Wöyza, e na que tivo un especial protagonismo o sector turístico do destino, que demostrou unha gran fortaleza e responsabilidade en tempos moi difíciles. “O seu comportamento foi exemplar e fainos mirar cara o futuro de maneira moi optimista”, subliñou a presidenta Carmela Silva ante alcaldes e alcaldesas de toda a provincia, representantes do sector e xornalistas de medios e blogs especializados. Centos de persoas seguiron o acto por streaming a través da web e as redes sociais da Deputación.

Nun ano con fortes restriccións en FITUR, a Deputación apostou decididamente polo audiovisual para compartir co público a beleza das Rías Baixas, a súa cultura, patrimonio, gastronomía e Camiños de Santiago. A xornalista Noa García encargouse de conducir a presentación, que xunto á estrea de “É o teu momento” incluíu a proxección doutros tres vídeos inéditos. Unha das pezas é un recoñecemento ao sector no que a presidenta, o xerente do Club Náutico de O Grove, Miguel de la Cierva, e a xerente de Alecrín Turismo de Natureza, Ana Vázquez, reflexionan sobre os atractivos das Rías Baixas e o presente e o futuro de turismo neste destino. O terceiro dos vídeos resume a campaña “momentos Rías Baixas”, na que máis de 2.400 persoas subiron xa ás redes sociais imaxes dos seus recordos especiais na provincia de Pontevedra. Por último, un vídeo coa peza musical “Libre” de Wöyza coa Ría de Vigo como telón de fondo que puxo a guinda musical perfecta ao acto da Deputación.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00