Sociedad | Actualidad
Fitur

A felicidade reside na provincia de Pontevedra

Pontevedra

A chamada da Deputación de Pontevedra a viaxar ás Rías Baixas emocionou esta mañá en FITUR 2021 aos asistentes ao lanzamento da campaña ”É o teu momento”. A estrea centrouse no vídeo oficial da campaña, protagonizado pola artista Wöyza, e na que tivo un especial protagonismo o sector turístico do destino.

“O comportamento do sector turístico neste tempos foi exemplar e fainos mirar cara o futuro de maneira moi optimista”, subliñou a presidenta Carmela Silva ante alcaldes e alcaldesas de toda a provincia.

Nun ano con fortes restriccións en FITUR, a Deputación apostou decididamente polo audiovisual para compartir co público a beleza das Rías Baixas, a súa cultura, patrimonio, gastronomía e Camiños de Santiago. A xornalista Noa García encargouse de conducir a presentación, que xunto á estrea de “É o teu momento” incluíu a proxección doutros tres vídeos inéditos.

Unha das pezas é un recoñecemento ao sector no que a presidenta, o xerente do Club Náutico de O Grove, Miguel de la Cierva, e a xerente de Alecrín Turismo de Natureza, Ana Vázquez, reflexionan sobre os atractivos das Rías Baixas e o presente e o futuro de turismo neste destino. O terceiro dos vídeos resume a campaña “momentos Rías Baixas”, na que máis de 2.400 persoas subiron xa ás redes sociais imaxes dos seus recordos especiais na provincia de Pontevedra. Por último, un vídeo coa peza musical “Libre” de Wöyza, puxo a guinda musical perfecta ao acto da Deputación.

A presidente da Diputación, Carmela Silva reflexionou que a cultura e o patrimonio son fundamentais na oferta turística e convidou ao público a visitar as Rías Baixas – Pontevedra Provincia os 365 días do ano. “Se queren recuperar a felicidade despois dun tempo tan difícil, se queren desfrutar dun lugar que namora e non deixa a ninguén impasible, non poden deixar de regresar. Esperámosvos cos brazos abertos”, proclamou. Ademais, a presidenta destacou a participación na campaña de Wöyza, “muller potente, libre, que representa o mellor de todas e todos nós”.

O vídeo-resumo da campaña “#momentosRíasBaixas” achega imaxes subidas ás redes polas persoas que participaron nos sorteos de estancias e actividades turísticas organizados pola Deputación nos últimos meses. A promoción, aínda en marcha, supera xa os 3,3 millóns de impresións e as 1,5 millóns de persoas alcanzadas. Na peza pódense ven fotografías da costa e o interior, turismo urbano, patrimonio, turismo activo, gastronomía, náutica, Camino de Santiago. Todas tomadas por protagonistas reais, persoas que xa viviron pequenos e grandes momentos nas Rías Baixas procedentes de todas partes do mundo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00