Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Concello de O Porriño recibe un galardón pola súa achega á campaña "Recicla e únete ao reto"

O acto de entrega tivo lugar este mediodía en Sanxenxo

Entrega galardón / Concello de O Porriño

Entrega galardón

Vigo

Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza recolleu en representación do Concello do Porriño, o galardón outorgado pola achega á campaña de recollida de plásticos, latas e briks, consistente nun premio de 2.000 € que se doarán á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual “Aceesca”.

O acto de entrega tivo lugar este mediodía en Sanxenxo, coa asistencia de Angeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e directivos da entidade “Ecoembes”. Sergio Casal agaredeceu, no nome da veciñanza porriñesa “que foi quen de colaborar na campaña de recollida destes residuos para a súa reciclaxe. Este premio é mérito de todos eles e será unha honra destinalo á asociación Aceesca, como xa acordaramos”, manifestou o concelleiro.

Na súa breve intervención, Casal Quintas puxo a nota de humor ante os presentes. A diferencia doutros representantes de concellos tamén galardoados que reivindicaron as súas prais e as bandeiras azuis recibidas, o concelleiro de Medio Ambiente lembrou que “nós en Porrriño, a falta de praias temos un pan excepcional e uns callos maravillosos para vir a comer despois dun día na praia”.

O Porriño é un dos concellos galardoados pola Xunta e Ecoembes; pola súa achega á campaña de recollida de plásticos, latas e briks, Recicla e únete ao reto!. A campaña, desenvolvida simultaneamente en quince concellos galegos, consistiu en que todos eles asumiron o reto de superar, cando menos, nun 10% as achegas ao contedor amarelo durante os meses de febreiro, marzo e abril deste ano.

Coa ocasión deste reto, na praza Arquitecto Antonio Palacios colocouse en marzo un contedor amarelo xigante como reclamo da campaña aprendéndolle á cidadanía como separar correctamente os residuos.

Tratase de incrementar a conciencia de reciclaxe e afianzar o hábito continuado entre a poboación.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir