Dúas lucenses rematan no HULA tras cuadriplicar a taxa de acoholemia ó volante
As implicadas colisionaron cunha farola, un muro e varios vehículos estacionados
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/X5RNIGC3RRLX5C2KNEKK34TY5Y.jpg?auth=813fbd6e2c07f47455ca148f38d70b845cd59395c7ac04bae4e8cc89805c3f98&quality=70&width=650&height=299&smart=true)
O vehículo quedou completamente desfeito / Concello de Lugo
![O vehículo quedou completamente desfeito](https://cadenaser.com/resizer/v2/X5RNIGC3RRLX5C2KNEKK34TY5Y.jpg?auth=813fbd6e2c07f47455ca148f38d70b845cd59395c7ac04bae4e8cc89805c3f98)
Lugo
Dúas mozas rematan no HULA tras sairse da vía, chocar contra unha columna e superar a taxa de acoholemia permitida. A condutora deu positivo no test realizado e acadando os 0,98 mg/l, catro veces máis que a taxa máxima permitida.
As alarmas saltaron ás 23:40 horas do día 11 de maio. O equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprazábase á Avenida de Alfonso X "O Sabio" , confluencia con Estrada da Granxa, co aviso dun accidente de circulación que deixara as persoas implicadas atrapadas no interior dun vehículo.
Os axentes, co apoio de varias patrullas do Grupo Operativo Nocturno, comprobaron como o turismo saíu da calzada e remataba impactando frontalmente cunha columna tras golpearse, previamente contra un farol de iluminación pública, un muro e dous turismos estacionados.
O vehículo estabsa ocupado por dúas mozas que resultaron feridas levemente e trasladadas ao HULA de inmediato, tendo necesidade de intervir unha dotación de Bombeiros e unha ambulancia do 061.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo