Vacinada a alcaldesa de O Porriño
A rexedora porriñesa foi unha das moitas persoas citadas hoxe polo Sergas no IFEVI para recibir a primeira dose

Eva Garcia, alcaldesa de O Porriño recibiu a primeira dose da vacina / Concello de O Porriño

Vigo
A rexedora porriñesa foi unha das moitas persoas citadas hoxe polo Sergas no Recinto Feiral de Cotogrande (IFEVI) para recibir a primeira dose. No seu caso, fora vacinada coa de “Pfizer” polo que en tres semanas deberá recibir a segunda dose.
Eva Garcia manifestou a súa felicitación ao Servizo Galego de Saúde “pola fantástica organización e polo trato magnífico do persoal que está alí vacinando no IFEVI, cun sorriso e máxime pensando que cada día están a vacinar a 6.000 persoas”.
A alcaldesa animou a toda a poboación “a que acudan a vacinarse cando lles toque que isto é bo para todo”.