Sociedad | Actualidad
Nigrán

O festival Vive Nigrán inicia a súa campaña "Vive Sostible"

O punto de encontro será o campo de fútbol de Lourido ás 10:30 e a duración estimada será de 2 horas

Cartel Vive Nigrán / Vive Nigrán

Cartel Vive Nigrán

Vigo

Os interesados en participar nesta primeira xornada de concienciación o domingo 23 de maio deben inscribirse antes do día 20 en atencioncidada@nigran.org indicando o seu nome completo, DNI e teléfono de contacto. O punto de encontro será o campo de fútbol de Lourido ás 10:30 e a duración estimada será de 2 horas. Facilitaranse luvas e bolsas, recomendándose levar botas de auga ou calzado adecuado. O lixo obtido será empregada para unha acción sorpresa que se anunciará proximamente

A V Edición do Festival Vive Nigrán, impulsa accións de recollida e clasificación de residuos nas praias do Concello de Nigrán dentro da súa iniciativa VIVE SOSTIBLE.

Desde o seu inicio, a organización de Vive Nigrán, tivo presente a necesidade de actuar con respecto ante a riqueza ambiental da contorna na que se desenvolve o festival. Medidas como fabricar vasos reutilizables, garantir a seguridade na zona dunar ou actividades para os máis pequenos con talleres de reciclaxe así o testemuñan.

Nesta edición e seguindo diversos obxectivos incluídos na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, Concello e organización quixeron incrementar o seu compromiso programando varias actividades que poidan servir para concienciar á sociedade, por unha banda sobre a necesidade de reciclar, a importancia da conservación do mar e as súas especies e por outra banda para converter as nosas praias en espazos libres de plásticos.

Os interesados que non poidan asistir a estas “xornadas de limpeza” poderán seguir colaborando, xa que o Concello de Nigrán pon ao dispor desta campaña de VIVE NIGRÁN un dos seus peixes tragaplásticos situado na proximidade do Festival, onde se pode ir depositando os plásticos atopados. Con todo este material recolleito pronto desvelaremos unha acción moi especial na cal estamos a traballar.

O obxectivo de todas estas accións é facer ver que o problema dos residuos no mar é moi grave e compete a todos; e que, entre todos, cidadáns, festivais e institucións públicas, é necesario darlle a volta e achegar solucións.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00