Sociedad | Actualidad
Ponteceso

A secretaria de Ponteceso non admite a moción de censura

Os asinantes anuncian o recurso á xustiza ordinaria e o alcalde fai un chamamento á cordura

Concello de Ponteceso / Google Maps

Concello de Ponteceso

A moción de censura no concello de Ponteceso terá que dilucidarse nos xulgados. A secretaria municipal rexeitou hoxe a moción logo de ser presentada polos edís rebeldes do PSOE, PP e APIN. Segundo a secretaria, a lei antitransfuguismo impide aceptar esa moción.

Este mediodía os asinantes acudiron ao concello pontecesán para formalizar o proceso para afastar a Lois García Carballido da alcaldía. Segundo Raquel Fondo, unha das concelleiras afastadas do PSOE e candidata a suceder na alcaldía a Carballido, "presentámola hoxe e non pasara unha hora cando (a secretaria) dixo que non prosperaba".

Raquel Fondo confirmou nos micrófonos de Radio Nordés a vontade de trasladar agora a pelexa ás instancias xudiciais. "É inxusto que os nosos votos non valgan. Este señor pode facer o que queira e temos que agantar?. Imos loitar ata o final. Acudiremos á xustizxa. Hai que recurrir" avanzou.

A edil rebelde rexeita ser considerada como tránsfuga. Segundo Raquel Fondo foron expulsados do PSOE "sen marchar para outro partido, nos meteron eles fóra sen poder explicarnos, sen ter unha reunión... botáronnos por carta".

A situación de bloqueo que vive o concello pontecesán sigue deixando no aire as inversións procedentes do Plan de Obras e Servizos provincial. "O POS queda no tellado da Deputación" sinalaba Fondo logo de explicar o motivo polo que non se presentaran á reunión organizada polo propio órgano provincial. Segundo a versión da edil, os correos electrónicos coa convocatoria á xuntanza non chegaron ás súas caixas de correo. "A nós non nos convocaron e a APIN e PP convocáronos dúas horas antes da reunión" manifestou Fondo. Esa versión choca coa que ofrecen dende o goberno provincial na que afirman que a convocatoria foi feita con 48 horas de antelación.

Resposta do alcalde

Pola súa banda, o alcalde Lois García Carballido emitiu un comunicado facendo un chamamento "á cordura". O rexedor reitera en calificar como "ilegal" a moción de censura e pide aos asinantes que desistan do seu intento de "suplantar a vontade dos electores expresada nas urnas". García Carballido fai un chamamento ao diálogo "para chegar a acordos que favorezcan aos veciños e veciñas" de Ponteceso.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00