Sociedad | Actualidad

Detido un fisterrán por venta de drogas

Os veciños denunciaran a existencia dun punto de venda de estupefacientes

Material incautado / Garda Civil

A Garda Civil do posto de Corcubión detivo a un veciño de Fisterra como presunto autor dun delicto contra a saúde pública. Ao individuo fóronlle incautadas 14 bolsas de plástico que contiñan 11´5 gramos de cocaína, además de 1´97 gramos de haxix e 205 euros en metálico.

As queixas de diversos veciños da vila do Cristo provocaron a intervención das forzas de seguridade que, unha vez identificado o autor da actividade delictiva, procederon á súa detención.

O individuo realizaba a venda da sustancias en plena rúa, lugar onde foi detido cando se atopaba en plena transacción cun consumidor. Logo de ser arrestado pola presunta comisión dun delicto contra a sáude pública, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00