Tito Díaz, Director Xeral do Breogán: "Caer está permitido, pero erguerse é obrigatorio"
O Director Xeral do CB Breogán subliña que os 1500 afeccionados van poder estar co equipo no momento que máis o precisan os xogadores

Tito Díaz durante un partido do Río Breogán / CB BREOGAN

Lugo
Semana axetreada para o CB Breogán que se fai menos costa arriba coas novas decisións da Xunta de Galicia no tocante ó aforo permitido no Fogar do Breogán. A derrota na casa do Granada non fixo máis que furgar na ferida de que algo lle pasa a este equipo. Inmerso na peor xeira de sensacións e resultados da Liga, aínda que mantendo o liderato da competición, o Breogán pode alegrar a cara se pensa no partido deste domingo: O Pazo será máis Pazo que nunca.
Tito Díaz, Director Xeral do CB Breogán, repasa a actualidade do club
10:03
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Un total de 1500 afeccionados son os que poderán achegarse dende esta fin de semana ó fortin celeste e, segundo explica o director xeral da entidade, Tito Díaz, iráselles avisando pouco a pouco. " Agora mesmo necesitámolos moito á afección,s quizáis é o que máis botamos de menos esta tempada", confesa Díaz.
A crise sanitaria puxo as cousas difíciles para o club, en especial no eido económico. Un dos retos do novo Consello de Administración "é a facer do Breogán un club viable", e vaise, di, o director xeral, por bo camiño. As contas que se aprobarán na Xunta de Accionistas que se celebrará o xoves 29 de abril no Salón de Actos da Deputación son as da tempada 19/20, onde hai com resultado uns números negativos "que roldan os 200.000 euros", unha cifra que se xustifica por dúas razóns: "A aparición da Covid-19 e as tres incorporacións que se tiveron que facer por lesión", puntualiza Tito.
Sobre a polémica de porque desapareceron da orde do día a opción de rogos e preguntas tamén se pronuncia Díaz: " Os presentes poderán comentar o que queiran sobre cada un dos puntos que se traten na xunta, decidímolo así por recomendación das autoridades sanitarias, xa que intentaremos facer a reunión o máis curta posible dado que estaremos moitas persoas - 30 - nun espazo reducido", explica.
Sobre a mala xeira de sensacións e resultados do equipo, Díaz considera que o manter o liderato "continuamente, desgasta". Con todo non está preocupado, pois ve "anímicamente ben" ó equipo, un equipo con verdadeiro "ADN" breoganista ó que se lle permite "caer", pero se lle obriga a erguerse "e seguir".
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo