Ourense candidata a sede do Campionato Europeo de Balonmán en 2028
O Pazo dos Deportes Paco Paz, sería a única sede galega deste Europeo que se disputará en España e Portugal

Ourense candidata a sede do Campionato Europeo de Balonmán en 2028 / Real Federación Española de Balonmano

Ourense
Manuel Baltar afirma que se trata dunha´´ gran noticia para a provincia de Ourense´´ e amosa que ´´ queda patente a nosa dispoñibilidade e vocación para ser esa sede, cuestión que ven de moi bo agrado tanto a Federación Galega de Balonmán como a Secretaría Xeral para o Deporte´´.
O Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense é unha das catro sedes españolas que integrarán a candidatura conxunta de España e Portugal para acoller o Campionato de Europa Absoluto Masculino de Balonmán 2028.
O presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López,reuniuse co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e co asesor de Deportes da institución provincial Bernardino González, para pechar o apoio desta institución, para que a cidade de Ourense se converta na única sede galega desde Europeo e unha das catro españolas. Así, Ourense compartirá cartel xunto a cidades como Madrid, Valencia ou Málaga.
O presidente federativo insistiu na importancia que terá este evento para afianzar o proxecto da Federación Galega de fomentar o balonmán nesta provincia, que é un dos seus obxectivos a curto prazo.
A federación quere apoiar o gran traballo que están a realizar os clubs da provincia para lograr, entre todos, que o noso deporte estea cada vez máis implantado en Ourense.