Ocio y cultura
RAG

Freixanes pon o foco nos mozos na súa reelección como presidente da Real Academia Galega

O actual presidente era o único candidato

Freixanes, reelixido presidente da RAG, co seu equipo / RAG (Europa Press)

A Coruña

O pleno da Real Academia Galega (RAG) reelixiu este sábado a Víctor F. Freixanes como presidente da institución con 17 votos a favor e 3 abstencións.

Acompañarano na nova comisión executiva Margarita Ledo Andión como secretaria; Fina Casalderrey na tesourería; Marilar Aleixandre no posto de arquiveira-bibliotecaria e Henrique Monteagudo na vicesecretaría.

O equipo traballará nun proxecto "de continuidade" centrado en reforzar o labor científico da RAG e a súa proxección social, pensando especialmente na promoción da presenza activa do galego entre os mozos.

"A forza da Academia reside na súa condición de institución centenaria, na solvencia do seu traballo científico, centrado fundamentalmente na lingua, no seu compromiso insobornable coa cultura e co idioma, pero tamén na capacidade que teña para comunicar ese labor, poñéndoo ao servizo da sociedade", reivindicou Freixanes, #ante o pleno.

Víctor F. Freixanes foi elixido por primeira vez presidente da RAG en marzo de 2017. O equipo de goberno que o acompañará nesta nova etapa será, segundo destaca a propia academia, maioritariamente feminino por primeira vez na historia da institución.

A catedrática de Comunicación Audiovisual e directora de cinema Margarita Ledo Andión, arquiveira-bibliotecaria durante a presidencia de Xesús Alonso Montero, asumirá a secretaría ocupada ata o de agora por Monteagudo, que continuará como vicesecretario.

Tamén seguirán no equipo a ata o de agora tesoureira Marilar Aleixandre, agora como arquiveira-bibliotecaria, e Fina Casalderrey, que pasa a ocupar a tesourería. Para todos eles, Freixanes tivo palabras de agradecemento, especialmente para para Andrés Torres Queiruga, tras completar oito anos no posto de vicesecretario.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00