París, a Cidade dos 15 minutos
O asesor da alcaldesa parisina explica o revolucionario proxecto na Deputación de Pontevedra
Vigo
No Hoy por Hoy Vigo achegámonos ao proxecto da Deputación de Pontevedra da Facultade Ágora. Nese foro de debate sobre espazos públicos, mobilidade alternativa e sostible e sobre as cidades máis cómodas e habitables, participaron importantes ponentes para explicar diferentes proxectos. É o caso de Carlos Moreno. Da súa man coñecimos en profundidade a revolución e o cambio drástico de París coa aposta de “Cidade dos 15 minutos”. Carlos Moreno é o principal asesor de Anne Hidalgo en temas de mobilidade; tamén dende a súa cátedra na Sorbona ven de explicar o modelo Cidade a 30 minutos que se podería implementar nas cidades e vilas da provincia de Pontevedra.
Moi interesantes as reflexións de Carlos Moreno sobre a importancia de gañar espazos públicos para a convivencia e a vida. París aplicou a súa teoría de ter en menos de 15 minutos a pé ou en bicicleta as cousas que Moreno califica de esenciáis: abastecemento, traballo, fogar, ocio e educación, cultura e saúde. É moi interesante escoitar o principal asesor da alcaldesa de París en asuntos de mobilidade para entender como se poden dotar de contidos os barrios; como se pode recuperar a vida de barrio. Reflexiona o asesor de Anne Hidalgo que hai indicadores do benestar dos cidadáns que son chave: as veces que durante o día estás nun espazo público. Cantas máis veces, más integrado estás no teu barrio, máis a gusto estás e máis tempo queres pasar nel. Sostén Moreno que ao principio cando plantexaron o proxecto da Cidade dos 15 minutos, parecía que era imposible de implementar. Agora é una realidade consolidada en París e copiada en moitísimas cidades do mundo.
Reportaje sobre la movilidad en París, la Ciudad de los 15 minutos
10:28
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1619183580_841356/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>