Libros para viaxar sen máscaras, en plena pandemia
Libreiros e lectores saen a rúa do Paseo no Día do Libro
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/723Z62UZ7ZMDNAK3V4LJOZIF4E.jpg?auth=5a5badb24b6209feb0cd629cf3f3ccc9746551648d49149f5969545b202dfe43&quality=70&width=650&height=650&smart=true)
Día do libro 2021 con descontos do 10 % nos libros e unha flor como agasallo / Cristina Carballo
![Día do libro 2021 con descontos do 10 % nos libros e unha flor como agasallo](https://cadenaser.com/resizer/v2/723Z62UZ7ZMDNAK3V4LJOZIF4E.jpg?auth=5a5badb24b6209feb0cd629cf3f3ccc9746551648d49149f5969545b202dfe43)
Ourense
23 de abril, moitos, principalmente os amantes da lectura non esquecen que hoxe é o Día do Libro, San Jordi, San Jorge. O pasado ano foi suspendida a su celebración pola pandemia.
O libro é un bo compañeiro en diferentes circunstancias pero sin dúbida con máis forza nestos tempos de encerro. Como xa e habitual nos últimos anos O Paseo é o punto de encontro dos libreiros. Diferentes librerías da cidade, un total de nove, instálanse nunha carpa , hasta as nove da noite en horario ininterrumpido, e o fan co tradicional desconto dun 10 % por cada adquisición e manteñen o agasallo da flor.
José Manuel García, presidente da Agrupación de Libreiros de Ourense conta que está indo moi ben e que "coa pandemia hai un maior hábito de leer entre os que xa o facían e tamén novos lectores".