Mariana Carballal: "O audiovisual transmite universos simbólicos que poden mellorar a sociedade"
A actriz coodina un estudo sobre o rol das mulleres no audiovisual galego
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/Y7K37NZH4FP7ZJFNNYF7KNN5FY.jpg?auth=eb0d0ef79522bc58857ca4cde041574af0b853693ef205f2922a9341c847a194&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
A Deputación Ourense promove un estudo sobre o rol das mulleres no audiovisual galego / Deputación Ourense
![A Deputación Ourense promove un estudo sobre o rol das mulleres no audiovisual galego](https://cadenaser.com/resizer/v2/Y7K37NZH4FP7ZJFNNYF7KNN5FY.jpg?auth=eb0d0ef79522bc58857ca4cde041574af0b853693ef205f2922a9341c847a194)
Ourense
A Deputación de Ourense asinaba esta mañá coa Asociación de Mulleres Cineastas e a Fundación Carlos Velo, un convenio para a realización dun estudo con perspectiva de xénero sobre as mulleres no audiovisual galego.
A representante da Asociación de Mulleres Cineastas, Chelo Loureiro, explicaba que o estudo baséase na análise "dos oficios do audiovisual onde estamos máis ou menos representadas e tamén dos contidos, que é moi importante como é a representación da muller en todos os contidos audiovisuais".
Mariana Carballal fala sobre a investigación que estuda o papel das mulleres no audiovisual galego
00:49
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
O estudo, centrado nas producións de 2020, contará con tres partes que analizan o papel das mulleres no audiovisual, como están representados os papeis femininos na ficción e unha terceira parte baseada na parte máis narrativa. Esta investigación está feita por distintas mulleres. Entre elas, coordinando o proxecto, está a actriz montederrense Mariana Carballal.
Aínda que o estudo non se iniciou, Carballal falou de certas hipóteses das que parten, "sabemos que nas series galegas, nos postos de representación, as mulleres teñen unha situación coma a nacional, de cero mulleres na dirección". Os datos obtidos empregaranse para crear guias didácticas de utilidade para os centros educativos.
Á sinatura do convenio, asistiu tamén Carmen Leyte, da Fundación Carlos Velo, quen recoñeceu a importancia da investigación para, se é preciso, implementar cambios a prol da igualdade neste sector.