Laxe, en nivel medio-baixo de restricións
Dende este venres estará ao mesmo nivel que a maior parte de concellos costeiros

Concello de Laxe / Turismo de Laxe

O concello de Laxe rebaixará o seu nivel de restricións dende este venres ás 00:00. Esta foi a única decisión adoptada polo comité clínico que afecta aos concellos da bisbarra. Deste xeito, a hostalería desta vila poderá desfrutar dunha ocupación do 50% no interior dos locais e un 75% nas terrazas.
Logo da xuntanza de hoxe, os únicos concellos con restricións especiais son A Laracha e Camariñas, onde só se poderá ocupar o 30% das mesas no interior e o 50% nas terrazas.