Como deixar K.O á astenia primaveral
Sentirse cansos, irascibles ou desganados pola chegada da primavera pode combatirse con deporte

A astenia primaveral pode durar entre unha ou duas semanas / Pexels

Lugo
Estás canso, sen ganas de facer nada, de mal humor ou falta de apetito sen motivo? Pois acouga, pode que estés a sufrir a coñecida astenia primaveral. Esa sensación desaparecerá, pero que o faga antes ou despois pode estar na túa man.
Isaac Videchao fala sobre como combater a astenia primaveral con deporte
07:00
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A astenia primaveral débese fundamentalmente á coincidencia dunha serie de factores ambientais coma o cambio de tempo, a subida das temperaturas e da presión atmosférica, o aumento das horas de luz diúrna, o cambio de hora e á modificación da rutina diaria.
Pero o verdadeiramente importante é que todas estas circunstancias inducen no organismo humano unha serie de mecanismos que alteran a regulación dos ritmos circadianos mediante un cambio na secreción de determinadas hormonas: endorfinas, cortisol, melatonina, etc
Plantarlle cara á astenia primaveralé posible, so fai falta ganas de vencer a preguiza. Co deporte poderemos sacudir antes esa sensación do noso corpo, ainda que é normal sentir que perdimos forma física porque non somos quen de facer o mesmo esforzo que o mes pasado, isto é un espellismo. "Non debemos ter presa, ir pouco a pouco e adentrarnos en diámicas de traballo que nos leven de menos a máis. Se nos tocaba adestrar forza e non podemos, deixámolo ou adaptámonos ás esixencias corporales do momento", explica Isaac Videchao dende Centro Taico.
Saír a correr, ir nadar ou senderismo son algunhas das alternativas que nos axudarán a combater á astenia primaveral. Calquer tipo de actividade deportiva que se poida realizar en contacto da natureza "será tremenedamente positiva". E igual de importante é exercitarse coma comer devidamente. Videchao advirte de que a falta de apetito pode ser un síntoma da astenia primaveral, pero hai que facer por comer. Por unha banda porque a alimentación é tan importante coma facer deporte e pola outra porque evitará que recurramos a comida basura e, consecuentemente, pobre en nutrientes.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo