Deportes
XIMNASIA

Os conxuntos pavillonistas de nivel absoluto rematan a tempada 2020

Os dous conxuntos do CXPOurense e Escola Pavillón por fin dan concluída a tempada 2020 en Valencia

Os conxuntos pavillonistas de nivel absoluto rematan en Valencia a tempada 2020 / CXPOurense

Despois dunha durísima tempada de confinamentos,  clases ata as nove da noite nos conxuntos senior, aprazamentos de competición de última hora e con dúas tempadas a cabalo, os dous conxuntos do CXPOurense e Escola Pavillón por fin dan por concluída a tempada 2020.

Os primeiros en competir foron os conxuntos senior, en xornada completa do xoves, os máis sacrificados pola pandemia, posto que levan dende o inicio do curso con tan só tres días de adestramentos xuntas ( venres noite, sábado e domingo). O conxunto senior da Escola Pavillón, primeiro ano no nivel absoluto para a maioria das súas compoñentes, rematou no posto  42 da clasificación xeral con un segundo pase mellor executado que o primeiro. O conxunto senior do CXPOurense, lograron ocupar o posto 25 da clasificación xeral con unha suma de 35,100. Este conxunto sumaba tamén na Copa de España e obtiña o posto 17, entre os mellores conxuntos nacionais.

O venres na xornada de mañán competía o conxunto junior da Escola Pavillón, tamén na súa primeira participación en nivel absoluto, e conseguía dous pases moi regulares e sen apenas erros, ocupando o posto 28 na clasificación xeral con unhas puntuacións de 12, 750 e 13, 400.

O sábado era o turno das infantís do CXPOurense que logrou unha puntuación de 13,00 no primeiro pase que lle deu o posto 19 na clasificación da primeira rotación. O segundo pase, que foi un cúmulo de erros, nada habituais neste conxunto que sempre fai gala de seguridade, fíxolles baixar ata o posto 28 na clasificación xeral. Tamén este equipo participaba en Copa de España, na que, por mor dese aciago segundo pase, foron ó posto 22.

As ximnastas nacionais desdes clubs están xa preparando un novo exercicio con que buscarán a súa clasificación para a Copa Base de Conxuntos e Copa de España nivel absoluto, á vez que algunhas destas ximnastas masculinos, están preparando so exercicios individuais.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00