A Xunta insta a Betanzos a tramitar a declaración dunha 'Área Rexurbe' para a recuperación do patrimonio
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou Betanzos

Ángeles Vázquez visita obras en el casco de Betanzos / Xunta de Galicia

A Coruña
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, instou ao Concello de Betanzos a iniciar a tramitación da declaración dunha 'Área Rexurbe', figura recollida na Lei de Rehabilitación.
"Para avanzar e completar as actuacións en materia de rehabilitación co fin de recuperar o patrimonio edificatorio e facilitar vivendas aos veciños de Betanzos", argumenta.
Fíxoo coincidindo coa visita ás obras de rehabilitación que se están executando ao amparo do programa ' Rexurbe', outra iniciativa de rehabilitación posta en marcha polo Goberno galego.
Na visita, a conselleira trasladou o apoio e colaboración do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) pra iniciar esta declaración e sumarse á listaxe de concellos que xa contan con ela como Mondoñedo, Ribadavia e A Coruña.