Entra en prisión o axente de seguros de Cee condenado por estafa

Prisión de A Lama en Pontevedra / Xurxo Lobato (Getty Images / Archivo)

Costa da Morte
Condenado a 2 anos e medio de prisión, A. P. C. Ingresou voluntariamente no cárcere de A Lama o pasado 19 de xaneiro.
Cumpre así a sentenza de novembro de 2019 en relación a un delito cometido entre o 2010 e 2015. O axente cobraba en man os seguros pero non ingresaba os cartos na conta da empresa aseguradora. As denuncias dos clientes, ao detectar as irregularidades, foron en aumento ata que o elevado número de afectados fixo que a compañía Reale iniciase unha investigación interna que rematou no xulgado.
Ademais do ingreso en prisión o condenado deberá indemnizar a Reale Seguros con 98.120 €