Diego Epifanio: "Non é a tempada para dubidar da actitude dos meus xogadores"
O adestrador está moi molesto co entorno mediático do club porque "non se pode dicir durante unha semana que un partido non vale para nada e logo esixir imaxen"

Diego Epifanio nun tempo morto durante o amigable ante o Ourens / Twitter CB Breogán

O que debera ser un día de alegría e sorpresa pola aterraxa de Israel Gutiérrez no equipo celeste volveuse unha xornada de polémica. O adestrador do CB Breogán, Diego Epifanio, aproveitou a entrevista no SER Deportivos Lugo para manifestar o seu enfado pola posta "en tela de xuizo" da actitude dos seus xogadores no Derbi do Miño.
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Diego Epifanio molesto coas críticas ós seus xogadores
O adestrador celeste non quixo pechar a entrevista sen recordar que "esta non é a tempada adecuada para dubidar da actitude e compromiso dos xogadores co escudo" breoganista. Considera que as críticas recibidas tralo partido en Ourense foron excesivas e "sangrantes" xa que non se falou "dun mal partido" se non que se fixo fincapé na falta de respeto ó clube como institución. "Non é por facer unha defensa a ultranza dos meus xogadores, pero creo que un deles saíu do quirófano por ser pai e veu axogar, outro xogou con molestias... non se pode dubidar deles".
Admite que o encontro cos veciños non foi o mellor da tempada, mais asegura que lle "gustaría sentarse con aqueles que din que non saímos ben ó partido". Convida a todas as voces críticas a sentarse "e repasar xuntos" o encontro.
O CB Breogán terá oportunidade para demostrar que ese partido foi un traspés este domingo ante o Palencia. Un partido no que non contarán con Iván Cruz, polo seu positivo por Covd-19 trala concentración coa selección, e con dúbidas en torno a Kevin Larsen. "Estamos agardando da PCR e tamén saber como está animicamente e físicamente", e engade "Kevin é unha peza que nos permite xogar dun xeito detemrinado con el, pero o equipo ten outras armas e outras virtudes que expliotar se non está el".
O equpo de Radio Lugo SER estará este domingo día 28 no Pazo Universitario dos Deportes para continuar coas retrasmisións dos partidos celestes. A emisión comezará ás 12 da mañá dende a OM, a App da SER, a nosa web e redes sociais coma Twitch, Twitter e Youtube.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo