Deportes
XIMNASIA

Club Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón seguen a súa preparación

Os clubs Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón seguen a súa preparación cara os campionatos nacionais de conxuntos

Club Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón seguen a súa preparación cara os campionatos nacionais de conxuntos / CXPOurense

Club Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón seguen a súa preparación cara os campionatos nacionais de conxuntos

Ourense

Son oito conxuntos de nivel nacional entre as escuadras de ambos clubs pendentes de participar nos Nacionais de Nivel Base e Absoluto que tiñan a súa data e sede en Valladolid no pasado mes de xaneiro e tiveron que ser aprazados pola FEG a causa da situación sanitaria vivida en toda España. É intención da Federación Española celebrar estas competicións durante as próximas semanas, antes do remate do primeiro trimestre do ano.

1º- Campionato Nacional Conxuntos Gymnos85. Este torneo organizado polo club Gymnos85 de Murcia tivo lugar o venres 15 de xaneiro. Participou o conxunto infantil absoluto do CXPOurense obtendo a 5ª praza.

2º- Campionato Nacional Conxuntos Federación de Murcia. Este torneo tivo lugar o 29 de xaneiro. De novo competiu o conxunto infantil do CXPOurense e junior absoluto da Escola Ximnasia Pavillón. Ambos conxuntos obtiveron a 7ª praza.

3º- VINKOVACUP-O día 14 de febreiro foi retransmitida esta Copa de conxuntos, de novo para o nivel absoluto. Neste torneo houbo unha altísima parcticipación cos mellores clubs do panorama nacional. Os conxuntos infantil e senior do CXPOurense foron 9º e 18ª, ocupando o senior da Escola Pavillón o posto 26. O vento tivo unha acollida moi especial, tanto pola calidade dos conxuntos como pola persoa que o retransmitiu, que foi nada menos que Almudena Cid, ex ximnasta española que competiu en catro olimpiadas entre 1996 e 2008.

4º- O I Torneo Online Conxuntos Ximnasia Rítmica organizado pola Federación Vasca será retransmitido o día 28 de febreiro e a representación ourensá esta vez estará nos conxuntos cadete nivel base, infantil e senior do CXPOurense e junior e senior da Escola Pavillón.

Traballo Online para As/Os Deportistas de Autonómica.

Nesta última semana ambos clubs retomaron tamén os adestramentos do nivel autonómico que levaban parados dende antes do entroido. Durante todos os días de parón o Club Ximnasia Pavillón Ourense mantivo a actividade dos e as ximnastas con tres sesións diarias de adestramento de conexión libre para as súas ximnastas e dirixidas polas adestradoras nas que se puideron conectar a través da súa plataforma de zoom tanto as ximnastas o Escola Pavillón como do CXPOurense, incluíndo unha festa de entroido virtual o venres día 12 de febreiro.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00