Directo

IRÁN ATACA ISRAEL Sigue en directo la última hora del ataque de Irán sobre Israel

Deportes
REMO

Castrelo de Miño acolle o sábado o Campionato de España de Remo de Longa Distancia

O Campionato de España de Longa Distancia que se disputará este sábado en augas do parque náutico de Castrelo de Miño, participarán 424 deportistas de 54 clubs

Avelino Pazos, alcalde de Castrelo de Miño, Asunción Loriente, presidenta da comisión xestora da federación española de remo e Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, na presentación do Campionato de España de Remo de Longa Distancia / Deputación Provincial de Ourense

Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou xunto coa presidenta da Comisión Xestora da Federación Española de Remo, Asunción Loriente, e o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, o Campionato de España de Longa Distancia, que se disputará o sábado en augas do paque náutico de Castrelo de Miño. A proba , na que están inscritos 424 deportistas de 54 clubs contará coa participación de remeiros de dez federacións autonómicas: Galicia, Asturias,Cantabria, País Vasco, Navarra, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana,Andalucía, e Madrid. A proba dará comezo ás 9:00 horas e finalización está prevista para as catro da tarde.

O presidente do goberno provincial agradeceu ´´ a excelente cooperación institucional e deportiva que fai posible que a provincia de Ourense sexa protagonista dun acontecemento de máximo nivel no ámbito do remo en España, e que se celebre nun dos mellores escenarios para a práctica de deportes náuticos como e o parque náutico de Castrelo de Miño´´, agredecendo asemade, á presidenta da Comisión Xestora da Federación de Remo, Asunción Loriente ´´ o  se apoio ao que denominamos ´´ Termalismo deportivo ´´, con Lais, Arnoia e Castrelo de Miño como excelentes escaparates e referentes para o deporte náutico ´´, como tamén o labor que vén desenvolvendo o alcalde e todo o municipio de Castrelo, ´´ para que este campionato sexa un éxito de participación e organización´´, expresou Manuel Baltar.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00