Sociedad | Actualidad

Segundo Pérez: "Martiño Noriega é nobre e sincero, pero CA non entendeu que da Catedral vive moita xente"

Tras esgotar os seus dous mandatos como deán, continúa como delegado de peregrinacións da Catedral. Chegou co roubo do Códice Calixtino e marcha coas obras do templo case rematadas

Segundo Pérez, o conselleiro Román Rodríguez e Martiño Noriega en 2018 / Concello de Santiago

Segundo Pérez, o conselleiro Román Rodríguez e Martiño Noriega en 2018

Santiago de Compostela

Segundo Pérez foi nomeado deán no momento máis complicado para a Catedral de Santiago en moito tempo. O Códice Calixtino, unha das xoias do arquivo, fora roubado e isto deixara tocado o seu predecesor. "Foi un despiste", di mentres defende as medidas de seguridade da época, hoxe multiplicadas. O caso deu a volta ao mundo e tras el non estaba "ningunha multinacional" senón "o electricista, un traballador da casa". "Foi ridículo", ri ao lembralo.

Entrevista Segundo Pérez

13:05

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/008RD010000000043144/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Pérez marcha deixando as obras de rehabilitación case rematadas. "Dende o século XVIII, con Casas Novoa, non se lle deu unha volta así á Catedral". O seu mandato coincidiu co paso pola alcaldía de Martiño Noriega, o alcalde que deixou de acudir á ofrenda ao Apóstolo e co que, a pesar de todo, mantén unha boa amizade.

"A primeira entrevista con el foi unha entrevista longa. Atopeime cun rapaz moi nobre e sincero. Foi como unha especie de confesión e eu non podo traizoar a confianza, e menos sendo cura. Dende ese momento, a nosa relación foi de amigos e segue sendo". El non se considera "un izquierdoso, nin moito menos", pero admite que entre os seus compañeiros da curia houbo a quen lle "estrañou" aquela amizade.

Pérez desvincula a Martiño da decisión de enarborar o laicismo como bandeira. "Eu penso que por el non habería problema, pero o grupo que había detrás tíñano a gala". El, que xa coñecía algúns dos membros do seu equipo, avisounos. "Mira que vos equivocades con esta actitude. Non é por piedade, é que moita xente vive da Catedral. Despois, pasou o que pasou e dixéronme 'Que razón tiñas!'. Unha oportunidade perdida que pasou así, que lle vas facer".

Destes oito anos (os dous mandatos que ten como límite) e seis á fronte da oficina do Peregrino, onde continúa, o ex deán queda "coas persoas que acollín e mesmo confesei". O seu traballo permitiulle coñecer o emperador de Xapón, o presidente de Uruguai ou a Angela Merkel, "pero tamén xentes sinxelas que perderan o sentido da vida e o camiño axudounas realmente".

"Se non se puidese volver ao que significa o camiño, sería unha perda para a humanidade. Con ese patrimonio espiritual e mundial é co que quedo", concluíu.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00