A Xunta de Goberno acorda o pago de facturas a provedores
Á Xunta extraordinaria, incorporouse o Partido Popular de xeito temporal

Xunta de goberno extraordinaria Concello de Ourense / Europa Press

O luns celebrouse a Xunta de Goberno local no salón de plenos do Concello de Ourense. Nesta sesión extraordinaria tratáronse diversos asuntos achegados por diferentes áreas. Lembramos que o Partido Popular incorporouse de xeito temporal a este órgano municipal, presidido polo alcalde e integrado polos concelleiros Armando Ojea (DO) e Flora Moure (PP). Esta cita semanal coa política local, foi calificada polo alcalde de "informal e informativa".
Porén, na Xunta de Goberno, ademais da aprobación de sete licencias urbanísticas e o pago de taxas á Confederación Hidrográfica, tomáronse unha serie de medidas que afectan aos traballadores municipais e provedores.
Flora Moure, concelleira del Partido Popular, habla sobre la Xunta de Goberno
00:17
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Doutro lado, no salón de plenos, tratouse o futuro do servizo de autobuses. Segundo o alcalde "necesitamos renovar toda la flota y estamos viendo si comprar los autobuses y licitar el servicio o licitar todo".
Pérez Jácome habla de la licitación del servicio de autobuses
00:25
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Neste sentido, a concelleira do Partido Popular Flora Moure criticou "que en el anterior mandato se trabajó mucho en el pliego y a día de hoy el alcalde diga que se va a empezar todavía a trabajar en el pliego".
Para rematar, na Xunta de Goberno aprobouse unha nova edición dos premios de poesía Cidade de Ourense e o Risco de Creación literaria, ámbolos dous dotados cun premio de 6.000 euros. Isto non impediu que Moure criticara a ausencia dun concelleiro de cultura e de estímulos para o sector.

Álvaro Rodríguez de Uña
Nacido en 1988 en Ourense, y licenciado en periodismo por la Universidad de Navarra. Se incorpora a...