A Coruña aproba a ordenanza do galego con polémica sobre dúbidas legais
Marea e Podemos critican que o texto presenta defectos O PP pedía que se trouxese a pleno sen estas irregularidades
A Coruña
O pleno do Concello da Coruña aprobou, de forma inicial, a nova ordenanza que regulará o uso do galego na Administración local. A Coruña é o único municipio de Galicia que non conta con ela. E é que, non en balde, a Lei de Normalización Lingüística da lingua galega, foi aprobada polo Parlamento Galego en 1983. A Coruña leva 32 anos de atraso. Trátase dunha ordenanza que moitos concellos xa puxeron en marcha nos anos 90. Hoxe na cidade da Coruña saíu adiante cos votos a favor de todos os grupos, PSOE, Marea, BNG, Podemos, a excepción do PP, que se abstivo.
Trátase dun documento que forma parte dos compromisos do goberno socialista co Bloque e que pon fin, sen dúbida, a unha "anomalía". Así o explicaba na sesión, o portavoz do goberno local, José Manuel Lage: "A ordenanza do galego non Concello dá Coruña non ven só a normalizar algo que tinga que ser normal senon que ao que ven é a poñer fin a unha anomalía, unha anomalía que debemos de reparar dando cumprimento a lexislación vixente. Con 31 anos de atraso tarde, pero chegamos".
BNG
O BNG, satisfeito. A concelleira nacionalista, Avia Veira, declaraba que " hoxe cúmprese unha parte do acordo de mandato, un acordo que asignamos para ser útil a cidadanía da Coruña. Hoxe corriximos unha anomalía, como ben dixo ou portavoz do goberno municipal. Dentro dás cidades do país, A Coruña vai a deixar de ser a única de todas as cidades, que non tingan ningún tipo de regularización municipal específica para a lingua galega".
A ordenanza aprobouse de forma inicial, pero o seu debate non estivo exenta de polémica. Marea e Podemos critican que o texto presenta defectos e, de feito, conta con informes que expoñen dúbidas xurídicas. O PP pedía que se trouxese a pleno sen estas irregularidades. Entre os principais reproches: que non contase coa participación da cidadanía.
Marea Atlántica
Marea Atlántica presentou unha serie de alegacións para corrixila, cuxo debate foi rexeitado. Pedían un Consello Local dá Lingua para garantir o seu cumprimento, unha consulta pública e que a ordenanza tivese unha vixencia mínima de cinco anos para non estar sometido aos períodos electorais.
" Opacidade, presas, pouco ou ningún diálogo, cero participación, inseguridade xurídica, erros, imprecisións... Mal comezo para unha ordenanza, fraco favor, ningún favor nin a ordenanza, nin ao galego, pero a pregunta é, por que actuan asi? que necesidade de traer esta ordenanza ao pleno nestas condicións?", expuxo o concelleiro de Marea, Iago Martínez.
Partido Popular
O PP, que se abstivo, está de acordo en poñer en marcha unha normativa deste tipo, pero insistiu en que debería traerse sen dúbidas xurídicas. Sinalan que tanto o informe da asesoría xurídica como o do secretario municipal expoñen inseguridades sobre a legalidade dalgúns artigos do texto, que coinciden cos anulados polos tribunais na normativa aprobada en Lugo.
Rosa Gallego, portavoz conservadora, pedía "facer as cousas ben, como tiña no informe en contra da asesoría xurídica o órgano de asesoramento ao concello, cal é a urxencia despois de 32 anos? non pode esperar 1 mes 2 meses e que salga ben? Non estamos a pedir que se retire e nunca máis, se non o que pedimos é que se faga ben".
Podemos tamén criticou que se haxa traido a pleno sen consenso político, nin cidadán.
Na sesión de hoxe tomou posesión do seu cargo como novo concelleiro do PP, Carlos Varela, tras a saída de Martín Fernández Prado para ocupar o cargo de presidente da Autoridade Portuaria. Foi asesor de Educación baixo o mandato de Carlos Negreira.