José Juan Figueiras: "Estou desexando que pase a pandemia e poder volver a Lugo"
Inmerso nun soño do que non quere despertar, o gardamallas revive nos micrófonos do SER Deportivos o seu paso polo club albivermello

José Juan Figueras, líder del Alcoyanazo en SER Deportivos Lugo
06:05
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Lugo
Sen apenas ter durmido, José Juan Figueiras fai un oco para atender a todo mortal que o chame. De 2.000 seguidores nas redes sociais a máis de 25.000, de ser un porteiro de 2ºB a ser historia viva do CD Alcoyano, pero, ainda que o mundo o estea a coñecer agora, en Lugo xa sabíamos do que era capaz.
"Levo mellor parar ó Real Madrid que atender todo este mediatismo", bromea o vigués. José Juan leva en pe dende as seis da mañá atendendo a medios de comunicación, chamadas e mensaxes de familia e amigos. Malia que sea con 41 anos por fin chega "o recoñecemento" polo que tanto traballi dende os seus comezos.
Para o porteiro de moda é todo un "orgullo" que a cidade lucense sega a recordalo con tanto cariño e por iso desexa que "pase a pandemia e poder visitar a cidade·. Como "obreiro do fútbol" se define e recorda emocionado todo o que lle custou chegar ata onde está hoxe.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo